Un pecado cheo de pracer - Premier- What some called virtue, some called sin
Fri, Jun 25
|Santiago de Compostela
http://vertixesonora.net/evento/un-pecado-cheo-de-pracer/


Time & Location
Jun 25, 2021, 8:30 PM
Santiago de Compostela, Av. do Burgo das Nacións, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, Spain
About the event
O verso da poeta iraniana Forugh Farrojad (1935-1967), acubilla as estreas mundiais de Yulan Yu (China, 1990), Eda Er (Turquía, 1989), Alyssa Aska (EE.UU., 1985) e Manuela Guerra (Italia, 1996) na celebración dos 10 anos de Vertixe Sonora. Unha reivindicación da creación feminina actual na súa impoñente diversidade que se completa coa presentación de La peaux douce (2021), a derradeira obra de Carolina Cerezo (España, 1993).
Na procura de emocións compartidas, camiñaremos adiante e atrás no tempo reelaborando unha historia musical da sororidade —máis transversal, máis elíptica e máis matizada—, a través do fío de complicidades que a sensibilidade das mulleres leva tecido ao longo dos tempos. O mundo interior das mulleres nos epigramas de Nossis na Italia do século III a. C.; a concepción da feminidade no mito bíblico de Lilith ou no pensamento taoista; a intimidade de goces relacionados coa fisicidade, o tacto e a pel; o tormento…